6 nov 2012

Presentación


Olá, amigos, somos o CEIP (Colexio de Ensino Infantil e Primario) do Xurés de Lóvios ou Lobios en Ourense (Galiza-España). O noso é o Concello que mais ao sur está de Galiza, pertencente á Comarca da Baixa Límia ou Terra de Querquenia que está conformada por Bande, Muiños, Lobeira, Entrimo e Nós. Temos aproximadamente uns 2300  habitantes dos cais aproximadamente un 98% ten a língua dos galegos como língua nativa. Estamos ubicados em pleno Parque Natural da Baixa Limia-Serra do Xurés, autentico paraiso natural que na parte portuguesa se converte em Parque Nacional da Peneda-Geres.
A nosa situación privilexiada fai que teñamos moitos lugares de interese turístico, como os que acontinuación vos citamos:

Na parroquia de Río Caldo e Lovios
  • Ermida da nosa señora do Xurés
  • Coto da Santa Eufemia
  • Minas das sombras
  • "Vía Nova" ou Via XVIII, a autoestrada romana que comunicaba Braga con Astorga.
  • A vila romana "Aquis Originis" de cuxo nome talvez veña o nome do Geres-Xurés (Originis>Ogirinis>Ogiriis>Ogiris>Ogeres>O Geres que se deformou desde 1994 en Xurés. Antes os vellos nunca dician "Xurés", todos dician "Xiris, Xeris ou Xerés...)
  • "Fonte do Ruco" cos seus miliarios romanos en plenaVia XVIII
  • Aguas termais n'Os Baños de Rio Caldo e o balneario.
  • As pozas do río Vilameá como a d'Os Muíños do Cubo ou a d'A folgueira.
  • A Pontenova.
  • Túmulos na "Anta do Couto".
  • Restos da antiga ponte da Malleta e  dunha antiga fábrica (Ambos localizados baixo a barraxe do Lindoso, que só é posibel de ver nos meses de verao, que é cando o nivel do encoro nolo permite).
  • Igrexa de San Miguel en Lobios.
  • Ermida de San Roque en Lobios.
Na zona de San paio, Araúxo e A Cela
  • Mirador d'A Cela
  • Castelo dos Araúxo na Vila
  • Picos d'A Fontefría
  • Pobo da Cela (coa suas casas encravadas entre as rochas e onde se supon que naceu San Rosendo de CelaNova)
Na zona de Compostela, Quintela ...
  • A escusalla (antiguo mosteiro do século XIX)
  • Playa en Lantemil
  • Restos dos pobos situados baixo a barraxe do Lindoso (Aceredo , Buscalque, A Reloeira, O vao) entre outros.
  • Ruta do río Mao
 As Parroquias ou Freguesias que conforman o Concello de Lóvios ou Lóbios son:
  • San Martiño de Araúxo
  • Santa Maria da Cela
  • San Mamede de Grou
  • San Miguel de Lobios
  • San Salvador de Manín
  • Santa Maria de Rio Caldo
  • San Martiño de Grou
  • San Paio de Araúxo
  • San Salvador de Torno
O noso coléxio está situado na capital do Concello e conta con un total de 52 alumnos cuxas idades van entre os 3 anos e os 12. Todos nós pertencemos ao ensino infantil e ao ensino primario contando con alumnos en todos e en cada un dos cursos (preescolar, 1°, 2°, 3°, 4°, 5° e 6°).
Os nosos profesores e persoal do centro son:

Cociñeira: Paulina Rodriguez Fernández
Cuidadora: Antonia Rodríguez Jardón
Infantil: Maria González Salgado
1° e 2°: Bernardo Gallego Otero
3°: Consuelo Novoa Romero e Sandra Quintas Vazquez
4° e Música: Maria del Carmen López Dominguez
5° e 6°: Milagros Paz León, a nosa directora
Inglés: Patrícia López Peña
Pedagoxia Terapeutica: Maria del Carmen Fernández de la Fuente
Audición e Línguaxe: Maria Franco Soto
Relixión: Rosa Rodriguez Aguirre
Educación Física: José Manuel Barbosa
Equipo Psicopedagoxico: Roberto Seara 
Falta a profe Rosa Rodriguez Aguirre (itinerante entre vários colexios) 

O fin deste traballo expresado neste blogue é reproducirmos por escrito, con fotos e con videos todos aqueles xogos populares da nosa Comarca, da nosa región ourensana e en xeral xogos populares galegos, así como tomar contacto con outras realidades nacionais ou internacionais que nos podan enriquecer e dar a coñecer novas formas de xogar, de relacionarnos e de crecer en harmonia e en paz. Si tu contactas connosco e queres participar, só tes que contactar cos nosos responsábeis e facerte ouvir. Faremonos amigos e trocaremos experiencias.
Esperamos que gostedes.


No hay comentarios:

Publicar un comentario